O descubrimento suxire que en Ouvigo existiron outras edificacións romanas, evidenciado polos materiais reutilizados na construción actual. A actual estrutura de pedra inclúe grandes sillares, mampostería ben labrada, columnas dóricas e basas dispersas, indicando un portal de estilo romano. Inicialmente, a edificación estaba dividida en dous ámbitos: ábsida e nártex, con funcións comunitarias cristiás. Estaría cuberta cunha bóveda de canón e no chan e nas paredes habería un mosaico e estucos pintados.

Esta estrutura permaneceu ata as invasións do século VIII, contando cunha necrópole de tumbas baixoimperiais tipo tégula, converténdose en enterramento Ad Sanctis en época sueva.

O oratorio está dedicado a San Verísimo, venerado en Galicia e Portugal, quen foi un mártir das persecucións romanas, cuxos restos están en Lisboa. Os achados de laudas de estola e de laudas de orante, amosan o debate entre Priscilianismo, con sacerdocio feminino e culto fóra dos templos, e a Igrexa de Roma, cunha organización piramidal. En 572, as prácticas priscilianistas foron prohibidas no concilio de Braga por Martín de Dumio desaparecendo a súa iconografía de Ouvigo. Coa chegada dos árabes, o oratorio foi abandonado.

As invasións árabes e as inestabilidades posteriores deixaron o lugar deserto ata a repoboación baixo Afonso III, evidenciada pola cerámica atopada e sepultura de Begica, datada no século IX.

A investigación revelou que Ouvigo non provén de “Altus Vicus” pero si ten relación cun hidrónimo xermánico “Ouwe”, que significa veiga en galego. Curiosamente, Begica é un nome xermánico dun alto cargo eclesiástico soterrado en Ouvigo e asociado a alta posición provinte do xermánico de raíz Au ou Aue.

O oratorio sitúase nunha paisaxe de alto valor cultural contando con ata 4 castros da Idade do Ferro na súa contorna e os resto do importante Castelo Ripario, moxón fronteirizo onde Afonso Henriques, Afonso VII de León e Afonso ‘Batalllador de Aragón asinaron a primeira fronteira entre a coroa portuguesa e o reino de León.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para maior información.plugin cookies

Este sitio web usa cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentemiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pulse el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies