

PeDra é un festival que permite pensar; sen colas nin diñeiro falso nin fotocall nin birras a 5 euros. É un festival para aprender e tecer comunidade dende os coidados.
Un festival para o SABER HERDADO, O CREATIVO E O CIENTÍFICO, ao que estades todos e todas convidados!!!!!
Neste 2026 repetimos dúas sedes clásicas (Loiro en Barbadás e a sede da Fundación Otero en Trasalba -Amoeiro-) e temos dúas novas sedes (Toén e Cea).
4 concellos e 5 xornadas de cultura na que intercalamos obradoiros, conferencias, visitas guiadas, arqueoloxía con música e teatro para baixar de revolucións o noso cerebro.O 20 DE SETEM
BRO. TRASALBA
The Phantom Dragsters
Raiba
Lubicáns
Dj Tristón
Paulo Pascual
Columna Vegana
Axeigo
Dj SaraSola
Dj Dani Tamayo
O 20 DE SETEMBRO. TRASALBA










AS SEDES DO FESTIVAL

/////////////////////////////////////PROGRAMA///////////////////////////////////
28 DE AGOSTO | LOIRO (BARBADÁS)
Lugar: Museo Etnográfico Loiro na Memoria (https://maps.app.goo.gl/Ze9DdVExr4x8o4PZ6)
18:00 Espazo de videoxogos en galego
19:00 Obradoiro de theremin – Con Paulo Pascual.
20:00 Obradoiro: Como recuperar terras raras – Con +q3D.
21:00 Concerto comentado de theremin – Con Paulo Pascual.
29 DE AGOSTO | LOIRO (BARBADÁS) a partir das 12:00H
Lugar: Museo Etnográfico Loiro na Memoria (https://maps.app.goo.gl/Ze9DdVExr4x8o4PZ6)
11:00 Ruta micolóxica. Saída do 30 da rúa do Buleiro en Loiro – Guiada polo Carlos Rafael
12:00 Xogos populares – Xogos da Bela Auria con monitor.
12:00 Obradoiro de Esgrima Histórica – AOEH
12:00 Teatro infantil – A Run Run Teatro.
13:30 Concerto – Phantom Dragsters.
15:00 Concerto: DJ SaraSola
16:00 Concerto de música tradicional – Os Terribles da Cabeanca.
16:30 Obradoiro: conseguir ouro como un romano – Con Óscar Penín
18:00 Concerto de música tradicional – Lubicáns.
18:00 Obradoiro de arqueoloxía experimental: facer oleiría como no castro de Trelle.
19:30 Concerto: DJ Tristón
21:15 Concerto de rock – Raiba.
22:30 Concerto: DJ Dani Tamayo
12 DE SETEMBRO | CEA
Lugares: Centro Social Casa Alén de Viduedo (Cea) (https://maps.app.goo.gl/AxaJBKi3VreQA3rt5)
Ruta de sendeirismo e visitas a proxectos artesanais e culturais do Concello de Cea.
Concerto de música tradicional – Axeigo.
Entrega do Iº Premio ao Compromiso Cultural
Fiadeiro.
13 DE SETEMBRO | TOÉN
Lugares: Carballeira de Puga (https://maps.app.goo.gl/K4TXSCDow342qSWK9?g_st=iw)
Ruta guiada “Os portos da Ribeira do Miño” – Asoc. Amigos Patrimonio de Toén.
Concerto – Columna Vegana.
Contacontos – Anxo Moure.
Obradoiro de cestería – Será por Vimbios.
25 DE SETEMBRO | TRASALBA – AMOEIRO
Lugar: Fundación Otero Pedrayo (https://maps.app.goo.gl/tCQcpve9dA7wu3x28)
Xogos populares – Xogos da Bela Auria.
Contacontos – Con Uxía Morán.

A carballeira do Museo, leva sendo catro anos o espazo central de PEDRA. Situada no pobo de Loiro, a poucos kilómetros de Ourense, é un espazo tradicional e natural pero conectado por bus coa capital.
A Casa Grande de Trasalba, casa de Otero Pedrayo, é o espazo ideal para entrar en contacto co legado do autor e, ao mesmo tempo, para gozar dos espazos abertos cos que conta.


A Carballeira de Puga é unha das sedes que se estrean en PeDra’26. Situada ao lado do río Miño, seguro que repetirá en vindeiras edicións.
Casa do Alén, un dos centros culturais con máis percorrido da contorna da cidade de Ourense. Bonito, fresco e de bo padal. Non o podedes perder!!!






