
As escavación exhumaron un edificio cunha loonga pervivencia temporal (s. IV-XIX). As estruturas hoxes visibles inclúen grandes sillares, mampostería ben labrada, columnas dóricas e basas dispersas. Inicialmente, estaría cuberta cunha bóveda de canón e no chan e nas paredes habería un mosaico e estucos pintados.
As escavacións suxiren que en Ouvigo existiron outros edificios de orixe romana, evidenciándose polos materiais reempregados noutras construcións.

O oratorio está dedicado a San Verísimo, venerado en Galicia e Portugal, quen foi un mártir das persecucións romanas, cuxos restos están en Lisboa.
En Ouvigo, os achados de laudas de estola e de laudas de orante, amosan o debate entre Priscilianismo, con sacerdocio feminino e culto fóra dos templos, e a Igrexa de Roma, cunha organización piramidal. En 572, as prácticas priscilianistas foron prohibidas no concilio de Braga por Martín de Dumio desaparecendo a súa iconografía de Ouvigo. Coa chegada dos árabes, o oratorio foi abandonado.
As invasións árabes e as inestabilidades posteriores deixaron o lugar deserto ata a repoboación baixo Afonso III, evidenciada pola cerámica atopada e a sepultura de Begica, datada no século IX. Begica era un alto cargo eclesiástico soterrado en Ouvigo e o seu nome ten orixe xermámica.
A investigación revelou que Ouvigo non provén de “Altus Vicus”, ten relación cun hidrónimo xermánico “Ouwe”, que significa veiga en galego, e do que deriva o nome Bégica a través da raiz Au. Polo tanto, Aubegica=Ouvigo.

O oratorio sitúase nunha paisaxe de alto valor cultural contando con ata 4 castros da Idade do Ferro na súa contorna, un altar rupestre e os resto do importante Castelo Ripario, moxón fronteirizo onde Afonso Henriques, Afonso VII de León e Afonso ‘Batalllador‘de Aragón asinaron, posiblemente, a primeira fronteira entre a coroa portuguesa e o reino de León.

