Durante os douscentos últimos anos, o mundo asumiu que Occidente representaba o futuro. Hoxe esa idea empeza a fracturarse porque a China demostra ter un mellor manexo do poder brando (mellor sería dicir menos duro…) que os USA ou que Rusia.

Iso non quere dicir que China non teña os seus Rambos. De feito, se queres ver unha ‘peli’ onde os malvados americanos morran a moreas, non hai mellor recomendación que achegarse ao Novo Cinema Patriótico chinés. En especial, a filmes como Wolf Warrior II.

“Chinese soldiers with the People’s Liberation Army provide perimeter security while executing a cordon and search training event during Khaan Quest 2015” – Fotografía de Cpl. Hilda Becerra, Corpo de Mariñeiros dos Estados Unidos. Dominio público. Orixe: Arquivos NARA a través de getarchive.net.

Os imperios son uns flipaos. Como o español, que quixo invadir a China dos Ming empregando tan só 12 mil guipuscoanos.

Castela, que é esa parte de España que sempre anda a liala, finalmente non invadiu o imperio sínico, conformándose con construír pequenas fortalezas na illa de Formosa (actual Taiwán).

A China hispana durou uns poucos anos (non debía haber vascos para defendela…). O mesmo que a China continental capitalista.

Curiosamente, Taiwán foi no século XIX, a illa de exilio dos proto-comunistas chineses. Seguidores do ‘Reino Celestial da Gran Paz’, un movemento teolóxico baseado en principios como a abolición da propiedade privada, a igualdade de xéneros e a adoración dun Deus único representado polo seu líder Xiuquan, quen afirmaba ser o irmao -entendo que non xémeo- de Xesús.

Ford & West Lith. – Hong Xiuquan (1853). Dominio público. Via Wikipedia.

Que eu me imaxino a cara de poema dos descendentes destas xentes, cando viron aparecer os anticomunistas chineses en 1949 pola súa illa e quedar os comunistas con toda a China continental.

O caso é que hoxe en día hai poucos españois (e aínda menos comunistas) en Taiwán. Nos pasaportes, a illa aínda é China; o país chámase República da China, namentres o continente é a República Popular da China.

Un pensaría que á China continental molestaríalle que lle copien o nome, pero todo o contrario. Para Pequín, namentres teñan o mesmo nome, son o mesmo país  (algo parecido ás confluencias de Podemos) e están dispostos mesmo a escalar a un conflito bélico por manter o nomenclator inmutable.

Montar unha guerra así por un nome, pode parecer bastante violento pero Matteo Ricci dicía no século XVI: Aínda que teñen un exército e unha armada ben equipados que poderían conquistar facilmente as nacións veciñas, nin o Rei nin o seu pobo pensan nunca en librar unha guerra de agresión… mentres que as nacións de Occidente parecen estar totalmente consumidas pola idea da dominación suprema.

A pregunta lóxica é….está a China actual disposta a librar unha guerra de agresión?… ou dito doutra maneira, facémoslle caso a Matteo Ricci ou non?

Por facerse esa pregunta, a xornalista especializada en estratexia militar chinesa, Minnie Chan, desapareceu no ano 2023.

facémoslle caso a Matteo Ricci ou non? Por facerse esa pregunta, a xornalista especializada en estratexia militar chinesa, Minnie Chan, desapareceu no ano 2023.

A continuación, recollo parte das súas ideas sobre o poderío militar chinés, así que se non publico máis artigos no blogue dende hoxe, xa sabedes onde buscarme.

Os máis de 2 millóns de soldados chineses non parecen darlle a razón ao xesuíta italiano; agora ben, a clave de todo o contrario poderiámola atopar no que se coñece como a tríade nuclear chinesa.

Na doutrina militar sínica, a expansión nuclear é unha arquitectura de supervivencia.

Na doutrina militar sínica, a expansión nuclear é unha arquitectura de supervivencia. China ten un problema físico que a converte nunha superpotencia ‘capada’: as súas costas non lle permiten unha saída limpa ao Pacífico profundo. Aos submarinos nucleares chineses vénselle as antenas de lonxe cando navegan polos seus mares territoriais. Corea do Sur, Xapón, Taiwán e Filipinas forman unha liña defensiva impenetrable e a tecnoloxía de mísiles da RPC non é capaz de chegar aos USA dende os seus mares territoriais (os mísiles americanos si poderían chegar as cidades chinesas…).

Iso significa que a maior potencia industrial do século XXI segue atrapada xeograficamente nun espazo relativamente pechado. Dito doutra forma, China está igual de lonxe da potencia naval de Bolivia como da dos Estados Unidos.

Neste contexto, Taiwán non é só unha cuestión identitaria ou política. É un punto que permite abrir ou pechar o acceso ao océano profundo ás armas nucleares do país comunista, en caso de necesidade.

Por iso, a ollos de Xi Jinping o control da illa é, principalmente, unha ferramenta de equilibro co poder nuclear americano.

E aquí aparece a paradoxo central: canto máis se busca estabilidade, máis aumenta a tensión.

Todos se equivocan sobre China
NEWSLETTER Ruralisto
Se che gusta o contido que acabas de ler e queres apoiar o proxecto, introduce o teu mail e chegaranche ao correo todas a actualizacións desta web (artigos, vídeos, proxectos, formación de balde)

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para maior información.plugin cookies

Este sitio web usa cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentemiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pulse el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies