Hoxe en Ourense hai 42º, así que estou tirado na cama medio febril executando a miña propia versión da metamorfose de Kafka. Durmir suando a chorros é unha maneira inmunda de descansar, aínda que non a peor.

Dos xeitos de durmir que practicou a humanidade, facelo nunha póla dunha árbore é, sen dúbida, o máis incomodo que se me pode ocorrer, con permiso das camas de faquir.

Imaxe tirada do artigo: https://coeh.ucdavis.edu/research/how-noise-pollution-quietly-affects-your-health

O caso é que o faquir durme así porque quere, namentres os primeiros homínidos subían ás árbores por pura supervivencia. En troques de protección, pasaban as noites nun sono lixeiro, coa musculatura en tensión e sobresaltos continuos, produto do medo a caer ao chao.

Grazas á aparición do lume, aqueles simios puideron baixar con seguridade das copas das árbores e durmir respantingados a ras de solo, sen medo aos depredadores.

O dominio do lume, permitiu un sono reparador e profundo.

Os efectos non tardaron en chegar. O cerebro comezou a procesar mellor as experiencias e isto puido contribuír a mellorar procesos cognitivos e a facer máis eficiente os nosos pensamentos.

Para desgraza do xénero homo, hoxe o pensamento profundo comezou a retroceder e unha vez máis o medo e o principal sospeitoso deste retroceso.

Nas cidades, un peón que cruza sen mirar. Un patinete que aparece por detrás. Un cláxon. Unha sirena. Un semáforo. Un autobús. Leticia Sabater no entroido de Ourense.

O sistema nervioso analiza continuamente centos de estímulos para decidir, en milésimas de segundo, se existe algún perigo (no caso de Leticia o perigo é para ela mesma).  

A maioría deses traumas nunca chegan a materializarse, pero o desgaste queda e a capacidade de razoamento redúcese. O cerebro ‘urbanícola’ volve a estar en continua alerta. Esta hipervixilancia está conectada coa hipertensión, cos trastornos do sono e mesmo das enfermidades cardiovasculares. Unha vez máis, volvemos a ser monos empoleirados.

Por iso, para baixarnos -que diría Mafalda-, no 2021 arrancamos coa primeira edición de PeDRa e, dende aquela, o noso proxecto ten tido a sorte de terse celebrado en lugares tan dispares como Castro Caldelas, Os Blancos, Calvos de Randín, Barbadás, Allariz, Amoeiro, Riós ou Vilardevós.

Neste 2026 repetimos dúas sedes clásicas (Loiro en Barbadás e a sede da Fundación Otero en Trasalba -Amoeiro-) e temos dúas novas sedes (Toén e Cea).

Xantando en PeDRa’22

4 concellos e 5 xornadas de cultura na que intercalamos obradoiros, conferencias, visitas guiadas, arqueoloxía con música e teatro para baixar de revolucións o noso cerebro.

PeDra é un festival que permite pensar; sen colas nin diñeiro falso nin fotocall nin edadismo…un festival para aprender e tecer comunidade dende os coidados, o autocoñecemento e a ciencia.

Un festival para o SABER HERDADO, O CREATIVO E O CIENTÍFICO, ao que estades todos e todas convidados!!!!!

////////////////PROGRAMA///////////////////

📅 28 DE AGOSTO | LOIRO (BARBADÁS)
Lugar: Museo Etnográfico Loiro na Memoria (https://maps.app.goo.gl/Ze9DdVExr4x8o4PZ6)
🔬 Obradoiro: Como recuperar terras raras – Con +q3D.
🎵 Obradoiro de theremin – Con Paulo Pascual.
🎵 Concerto comentado de theremin – Con Paulo Pascual.
🎮 Espazo de videoxogos en galego


📅 29 DE AGOSTO | LOIRO (BARBADÁS)
Lugar: Museo Etnográfico Loiro na Memoria (https://maps.app.goo.gl/Ze9DdVExr4x8o4PZ6)
🍄 Ruta micolóxica. Saída do 30 da rúa do Buleiro en Loiro – Guiada polo Carlos Rafael
⛏️ Obradoiro: conseguir ouro como un romano – Con Óscar Penín 🤺 Obradoiro de Esgrima Histórica – AOEH
🎸 Concerto – Phantom Dragsters.
🔊 Concerto: DJ SaraSola
🎶 Concerto de música tradicional – Os Terribles.
🎶 Concerto de música tradicional – Lubicáns.
🕯️ Obradoiro de arqueoloxía experimentar: facer oleiría como no castro de Trelle.
🎭 Teatro infantil – A Run Run Teatro.
🔊 Concerto: DJ Tristón
🤘 Concerto de rock – Raiba.
🔊 Concerto: DJ Dani Tamayo


📅 12 DE SETEMBRO | TOÉN
Lugares: Carballeira de Puga (https://maps.app.goo.gl/K4TXSCDow342qSWK9?g_st=iw)
🚣 Ruta guiada “Os portos da Ribeira do Miño” – Asoc. Amigos Patrimonio de Toén.
🎸 Concerto – Columna Vegana.
📖 Contacontos – Anxo Moure.
🧺 Obradoiro de cestería – Será por Vimbios.


📅 13 DE SETEMBRO | CEA
Lugares: Centro Social Casa Alén de Viduedo (Cea) (https://maps.app.goo.gl/AxaJBKi3VreQA3rt5)
🥾 Ruta de sendeirismo e visitas a proxectos artesanais e culturais do Concello de Cea.
🎵 Concerto de música tradicional – Axeigo.

🏆 Entrega do Iº Premio ao Compromiso Cultural
🎶 Fiadeiro.


📅 25 DE SETEMBRO | TRASALBA – AMOEIRO
Lugar: Fundación Otero Pedrayo (https://maps.app.goo.gl/tCQcpve9dA7wu3x28)
🎲 Xogos populares – Xogos da Bela Auria.
📚 Contacontos – Con Uxía Morán.

Durmimos como monos empoleirados
NEWSLETTER Ruralisto
Se che gusta o contido que acabas de ler e queres apoiar o proxecto, introduce o teu mail e chegaranche ao correo todas a actualizacións desta web (artigos, vídeos, proxectos, formación de balde)

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para maior información.plugin cookies

Este sitio web usa cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentemiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pulse el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies