Ruralisto (rural+preparado) é o alter ego de Óscar Penín.
El, que é historiador, un día fartouse de que lle pediran buscar subvencións e constituír asociacións.
Ise día decidiu montar unha web de formación onde se puidesen atopar todos istes contidos (e outros menos aborrecidos..) de xeito simple e rápido, para poder dedicarse en corpo e alma á súa paixón, que non é outra que empregar a historia como ferramenta para o desenvolvemento do rural.
Óscar é premio CulturGal polo seu festival dos Eidos, finalista dos premios AGADER por esta mesma páxina, premio Alumni’23 da Universidade de Vigo na categoría de Humanidades, permio da Tésera de Hospitalidade da Serra do Courel.