PEDRAé o gran foro de debate e reflexión entre artistas, cidadanía e universidade. É un novo formato de Festival onde conflúen o coñecemento de tres eidos esenciais para a comprensión social: o saber herdado, o creativo e o científico
Contamos coa participación da poboación local, principal obxectivo da programación, xunto co concurso de artistas afincados no territorio e da propia Universidade de Vigo.
O principal factor diferencial da proposta é situar o coñecemento de todos este actores en pé de igualdade. De aí o concepto paraugas de FESTIVAL DE SABERES.
FESTIVAL: porque se trata dunha aproximación lúdica que ten como norte a educación e, tamén, o entretemento creando unha programación en espazos que soen ficar illados dos grandes circuítos públicos e privados de cultura xeralista.
SABERES: porque creamos esta programación pondo en pé de igualdade o saber herdado, o científico e o creativo propiciando o diálogo interxeracional diluíndo as paredes para crear unha cultura aberta e participativa.