Dicía o filósofo alemán Steiner que a historia de Europa se constrúe a través dos seus camiños. Isto é, se cabe, aínda máis certo para o caso de Galicia, onde o Camiño de Santiago articula o territorio e lle outorga unha posición no mundo.
O fenómeno xacobeo funde as súas raíces no asentamento do cristianismo en Galicia. Un proceso que arrinca no mítico apostolado de Santiago. Apenas pasaron 150 anos da súa presenza, cando a persecución ás comunidades paleocristiás, as empuxa cara as zonas rurais.
Dese momento, no concello, contamos cunha antiga construción romana convertida nun dos primeiros oratorios de occidente (s.IV), no lugar de Ouvigo (Aut Vicus). En torno a este oratorio nace un novo modelo de poboamento que perdura ata hoxe: a ALDEA.
Tempo despois, a inestabilidade de finais do Imperio, tamén nos lega o castelo de san Xurxo. Este castelo, xunto ao xacemento romano da Avilleira e ao oratorio de Ouvigo, conforman unha paisaxe arqueolóxica inédita.
O proceso de cristianización vai continuar noutras zonas dos Blancos. Na Alta Idade Media, varias aldeas do municipio serán ocupadas por comunidades relixiosas legando un patrimonio cultural único de asociado a Alta Idade Media.
Unha historia que continúa en séculos posteriores a través da memoria popular e a presenza de peregrinos que ían a Compostela seguindo un mítico trazado inaugurado pola Rainha Santa de Portugal.
Por iso, vir aos Blancos é estar ‘MÁIS PRETO DO CEO’