A rede Aldear agroma con esa pretensión que afronta a necesidade de manter vivos os ecosistemas culturais dende o micro favorecendo a diversidade, loitando contra a homoxenezación da cultura e defendendo a idea do decrecemento cultural, que escapa dos macro eventos, en beneficio doutra tipoloxía de propostas, que fagan da cooperación e a interdependecia o seu eixo vertebrador.
Con esta filosofía nace este proxectto. O proxecto Aldearmos é “un ambicioso programa de democratización cultural do e no rural de Lugo e Ourense”. No que artistas do rural iteneran as súas creacións polos espazos dos membros da Rede.