Case 150 millóns de persoas viven nas zonas rurais da Península Ibérica e Iberoamérica. Hai 150 millóns de persoas que conforman unha oportunidade para a aparición dunha idea disruptiva que inclúe a esta audiencia que, tradicionalmente, é ignorada por empresas e administracións.
España, Portugal e América Latina teñen a necesidade de seguir formándose como ese GRAN ELEVADOR SOCIAL. Pero a formación non pode ser outro factor que empurra á poboación rural cara ás cidades. Hoxe existen as ferramentas tecnolóxicas para que o desenvolvemento sexa endóxeno, axeitado, das zonas rurais.
Ruralisto.org quere ser unha ferramenta de traballo e formación para todas aquelas persoas que, falando portugués, galego ou castelán, viven e / ou traballan a favor dunha persoa rural viva usando o patrimonio e a cultura como ferramenta de desenvolvemento.
Persoas e territorios creativos integrados nunha cultura globalizada cada vez máis presente, pero tamén moi orgullosos do noso patrimonio.
Vivo nu rural do concello de San Cristovo de Cea. Un concello ven situado e con gran potencialidade que o goberno municipal non aproveita para por en valor. Mentras haia pan e circo,caen votos. Parabens a esa organización que lle importa as raices. Ogallá prenda esa semente e chegue a Cea tamén. Eu procurarei espallala. Por favor enviádeme información. Entereime polo diario Nós. Un saúdo
Moitas grazas Elvira…imos pouco a pouco porque queremos ir lonxe. Dos Blancos ata Cea maloserá que non deamos chegado. Grazas polo teu apoio