Comecei este 2026 coa miña tese, así que estou, paralelamente, aprendendo a ser pai e a ser historiador. Aínda que non parecen actividades que teñan moito en común, na miña cabeza todo se conecta a través dunha certa militancia coa vida. Con esta idea, a tese sería como un recurso literario para enriquecer a trama principal, que é coidar do T.

https://www.instagram.com/negralente/
Ser templo en ruínas. Autor: Negralente

O outro día entereime que, na literatura, isto se chama Relato do Abismo, e pareceume moi acaído.  Non porque pense que a miña tese me vai levar as ‘montañas da loucura’. Máis ben, porque o meu xeito de entender a miña profesión provén, precisamente, dunha personaxe ficcionada que sae noutro relato do abismo, concretamente en ‘As invasións bárbaras’ (unha película canadiana do 2003 marabillosamente triste e divertida a un tempo!!) que emprega unha estevista a un historiador que sae na TV, para conectar As invasións bárbaras coa súa antecesora A caída do Imperio Americano.

Alain Lussier (así se chama o meu historiador inventado de referencia), nunha brevísima intervención, compara o ataque do 11/S coas invasións bárbaras ao imperio Romano. Uns 30” que conformaron o meu pensamento profesional tanto como toda o periplo formativo na Universidade. Dende o 2003 son crente-practicante de que a historia se repite (como farsa, que diría Marx).

Máis de 20 anos despois eu escollo o título ‘As invasións bárbaras’ para da forma a este diario de reflexión e en homenaxe a un historiador que nunca existiu. Tócame un tempo que me asusta profundamente; dáme pánico que T vai vivir nun mundo no que se apaguen as luces da ilustración e onde triunfan os movementos políticos que se agrupan baixo o paraugas da Ilustración Escura, un concepto político aterrador.

A Ilustración Escura ten tanto que ver coa Ilustración como un beixo escuro ten que ver cun beixo. Tampouco teñen que ver o anarquismo co anarcocapitalismo, aínda que poida parecelo e ambas ideoloxías se preparen para o colapso do mundo tal e como o coñecemos.

Por iso escollín a caída do imperio Romano como ámbito temporal de estudo. O nome da miña tese é Occulta conventicula (asemblea oculta).

Eu sei que o final do Imperio xerou unha nova organización territorial, unha cultura material orientada ao autoconsumo e unha espiritualidade máis heterodoxa….pero non sei se foron felices a través desa orde natural asemblearia e colaborativa da que fala Kropotkin.

Así que, basicamente, quero estudar como conseguir ser feliz! e facer feliz a vida de T!!

Relato do Abismo: As invasións bárbaras

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para maior información.plugin cookies

Este sitio web usa cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentemiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pulse el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies