Este día falou el rei e falou ben…pero falou suave.

Recoñecer ‘controversias éticas’ sobre un determinado feito ou tempo histórico é como recoñecer que ás veces chove. A controversia é inherente a epistemoloxía da historia. Se escribísemos a historia dos países sen controversias éticas, é probable que a materia apenas ocupase medio mes.

Autor descoñecido. Conquista de México por Cortés en Tenochtitlan [pintura]. Wikimedia Commons. Dispoñible en: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Conquista-de-M%C3%A9xico-por-Cort%C3%A9s-Tenochtitlan-Painting.png

Ademais, se alguén pode ter autoridade e información sobre o que aconteceu, entendo eu, que ha de ser o monarca español, quen [no meu imaxinario é unha verdade innegable] debeu herdar dos seus predecesores a información sobre os asuntos de colonias como o presidentes dos USA se informan sobre os OVNIS cando ceden o cargo.

É que o concepto de autoridade non é de menor importancia; ou formas parte das elites que modelan a historia, como as monarquías europeas (menos Froilán e a súa irmá), a banca March, os Rosthchild, algún papa que outro ou, para min, sempre vai ter máis peso a opinión dun historiador (para iso 5 anos de carreira). Outra cousa é que nos poñamos de acordo dentro da profesión; tema que daría para outro texto.

Non me vale, como acontece agora en 13TV, que me traian un descendente do xefe Xerónimo a dicir que con España comían nubes de algodón. Onde iamos rematar por ese camiño?  Con un descendente de Bartolomé de las Casas defendendo o contrario por parte de México ou, peor, con Aznar dicindo outra vez aquilo de López por parte de los incas y Obrador por parte de los mayas!! Ridículo, verdade? Aquí non só se trata de recoñecer que as matanzas e a escravitude (aínda que se lle poña outro nome…) son malas…

Agora, a verdadeira cuestión a día de hoxe é dilucidar se un estado democrático pode ter como mito fundacional a derrota e eliminación do mito fundacional doutro país e pretender que este último non diga nada. Mellor dito, pódese soster este mito fundacional de xeito acrítico? É bo lembrar que Francia, Portugal ou Bélxica, entre outros, sen renunciar a súa historia, hai anos que xa pediron perdón polos crimes do seu colonialismo.

México, o estado liberal, que tamén ten unha historia de sangue cos seus propios pobos orixinarios, atópase nun máis que interesante e necesario proceso de recoñecemento dos crimes do pasado e o que é máis necesario aínda, de apertura da súas institucións liberais á participación dos pobos que habitan dentro das súas fronteiras. Acaso, non é normal que este proceso de dignificación das súas raíces máis profundas esixa aos pobos irmaos que o acompañe neste camiño?  

Felipe VI que por tradición familiar sabe moito de colonialismo, fixo ben recoñecendo os excesos do país ao que representa, aínda que só sexa para non se perder o mundial.

Amodo, Jose Luis!!! Deixa falar a Felipe VI.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para maior información.plugin cookies

Este sitio web usa cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentemiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pulse el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies